DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 12 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 48/09-PROT, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de abril de 2010, a xefa territorial de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 48/09-PROT, incoado no Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense a René Gómez Martínez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a René Gómez Martínez o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento territorial, sito na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, de ser o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840, código 001, ou de Caixanova Recaudación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de maio de 2010.

María Villar Suárez

Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 48/09-PROT.

Denunciado: René Gómez Martínez.

CIF/NIF: 53302514-Z.

Último enderezo coñecido: Novoa Santos, núm./km 11, piso P07, pta. esq., 15006.-A Coruña.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) 852/04, do 29 de abril, e Regulamento (CE) 853/04, do 29 de abril; e Decreto 290/2003, do 4 de xuño.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: cen (100) euros.