DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Lugo. (Expediente IN407A 09/67-2, 7535 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Promociones Norte 2005, S.L.

Domicilio social: pza. Exército Español, nº 10, entrechán.

Denominación: C.T. de 250 kVA e L.M.T.S. para subminsitración a un edificio de vivendas.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a 20 kV con orixe nunha arqueta situada na r/ Venancio Senra, a liña provén do C.T. avda. Carlos Azcárraga, 9, entra e sae no C.T. proxectado e remata no C.T. existente (3655), cunha lonxitude de 296 metros en condutor R.H.Z.1-240 subterráneo baixo tubo en dobre circuíto, quedando así anelado o C.T. proxectado.

-C.T. en edificio non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-Canalización de baixa tensión, con orixe no C.T. proxectado e final nas inmediacións do portal do edificio que se vai electrificar, cunha lonxitude de 32 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente independientemente das autorizacións, licenzas u permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 24 de maio de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo