DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Carballedo. (Expediente IN407A 10/62-2, 7662 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación dos Peares, 132 kV, liña 132 kV.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas: a ampliación consiste no equipamento completo dunha posición de liña 132 kV formada por aparellaxe convencional de exterior, para a evacuación futura da potencia xerada pola nova central hidráulica dos Peares, 2, instálase a seguinte aparellaxe:

-1 interruptor tripolar.

-3 transformadores de intensidade, 200-400-800/5-5-5-5-5A.

-3 transformadores de tensión 132.000:V3/110:V3-110-V3-110:V3.

-1 seccionador rotativo tripolar de mantemento de tres posicións: aberto, cerrado e posta a terra para mantemento, 1.250 A.

-1 seccionador rotativo tripolar de barras.

-1 seccionador pantógrafo tripolar de barras.

-3 autoválvulas.

-3 terminais unipolares para cable illado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de maio de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo