DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Lugo. (Expediente IN407A 09/78-2, 7424 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Xestión Urbanística de Lugo, S.A.

Domicilio social: pza. Santo Domingo, nº 6, 5º, 27001 Lugo.

Denominación: electrificación da UA N1-N2 Garabolos e os seus anexos.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

Desvío de L.M.T. 20 kV aéreo a subterráneo en N1-N2.

Desvío L.M.T. Meilán 1 y Meilán 2 con orixe no paso aéreo soterrado en rúa D e final no paso aereosubterraneo na rúa Paulo Fabio Máximo, cunha lonxitude de 456 metros en condutor 2× R.H.Z.1-240.

Desvío L.M.T. Vilastrada con orixe no paso aereosubterráneo na rúa D e final no paso aerosubterráneo na rúa do Vento, cunha lonxitude de 458 metros en condutor 1×R.H.Z.1-240.

L.M.T. subterránea a 20 kV con orixe no C.S. Garabolos e final no C.T. Duquesa-Garaballa cunha lonxitude de 234 metros en condutor R.H.Z.1-400.

L.M.T. subterránea a 20 kV formando o bucle que anela os C.T. A, B e C, con orixe no C.S. Garabolos, entra e sae no C.T. A, entra e sae no C.T. B, entra e sae no C.T. C e remata de novo no C.S. Garabolos, cunha lonxitude de 849 metros.

L.M.T. subterránea a 20 kV con orixe no C.T. Garabolos e final no C.S. Garabolos proxectado cunha lonxitude de 500 metros en conductor R.H.Z.1-240.

L.M.T. subterránea a 20 kV con orixe no C.S. Garabolos proxectado e final no C.T. existente Fabio Máximo cunha lonxitude de 30 metros en condutor R.H.Z.1-240.

Centro de seccionamento prefabricado subterráneo, no cal se instalan oito seccionadores motorizados e un OCR.

Centro de transformación A prefabricado subterráneo, cunha potecia de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000-400-230 V.

Centro de transformación B prefabricado subterráneo, cunha potecia de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000-400-230V.

Centro de transformación C prefabricado subterráneo, cunha potecia de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000-400-230V.

R.B.T. subterráneas con orixe no C.T. A proxectado e final nas parcelas para futuros edificios, cunha lonxitude de 835 metros en condutor tipo R.V.-240.

R.B.T. subterráneas con orixe no C.T. B proxectado e final nas parcelas para futuros edificios, cunha lonxitude de 1.277 metros en condutor tipo R.V.-240.

R.B.T. soterradas con orixe no C.T. C proxectado e final nas parcelas para futuros edificios, cunha lonxitude de 1.308 metros en condutor tipo R.V.-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente independientemente das autorizacións, licenzas u permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 21 de maio de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo