DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio para as obras de adecuación da praza da igrexa de San Xusto e Pastor no concello de Avión (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: adecuación da praza da igrexa de San Xusto e Pastor no concello de Avión (Ourense).

Clave do expediente: 10-01-Avión.

Orzamento base de licitación: 257.468,40 euros (IVE excluído). IVE: 41.194,94 euros.

Prazo de execución: dous meses.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto multicriterio.

4. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Exixirase unha garantía definitiva equivalente ao 5% do orzamento de licitación, IVE non incluído. Ver punto I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

5. Obtención de documentación e información.

A.- Información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 43 71; 981 54 40 71.

e) Fax: 981 54 43 43.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos de cláusulas administrativas particulares, cadros de características, relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/.

B.- Documentación.

En Nino (pregos de cláusulas administrativas particulares, cadros de características e proxectos), rúa Rosalía de Castro, 58 baixo 15706-Santiago de Compostela-A Coruña, teléfono: 981 59 03 02 e fax 981 94 00 98.

O custo total para adquirir a copia de toda a documentación ascende a trece euros con setenta e oito céntimos (13,78 €, IVE incluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

A) Solvencia económico-financeira.

Si, na seguinte forma:

Solvencia económica e financeira (3.3.2 do PCAP):

Xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

Considerarase solvente o licitador que acredite ter subscrito un seguro de indemnización por riscos profesionais cunha entidade aseguradora por un capital equivalente ao orzamento base de licitación.

B) Solvencia técnica (3.3.3 do PCAP).

a) Presentación da lista das obras similares relacionadas co obxecto do contrato excutadas no curso dos últimos cinco anos, cubrindo e asinando o cadro 1 que figura no punto 3.3.3 do PCAP, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes. Estes certificados indicarán os importes, as datas e o lugar de execución e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo.

b) Acreditación (mediante os medios que se expresan no punto 3.5.3 do PCAP) de que o responsable da execución do contrato estará en posesión dalgunha das seguintes titulacións académicas: arquitecto, enxeñeiro de camiños, canais e portos, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico de obras públicas e cun mínimo de tres anos de experiencia en obras de natureza análoga á do contrato e cun orzamento base de licitación igual ou superior ao sinalado neste cadro de características

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, segundo o cal que se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): dous (2) meses consonte o artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de variantes: ver parágrafo F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares

8. Apertura dos sobres B e sobres C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con tres días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Se por algún motivo hai que atrasar o acto público de apertura dos sobres B e C reflectirase a nova data no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG por liña 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá éste.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura