DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 0000468/2009, interposto por María Jesús Rodríguez González, Alma Beatriz González Suárez, Josefa Gómez Esteiro, Edmundo Avelino Mariño Taboada, María Gema Rodríguez Casanova, Agustín Prado López e María Sagrario Vázquez Enríquez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibIu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 0000468/2009, interposto por María Jesús Rodríguez González, Alma Beatriz González Suárez, Josefa Gómez Esteiro, Edmundo Avelino Mariño Taboada, María Gema Rodríguez Casanova, Agustín Prado López e María Sagrario Vázquez Enríquez, contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia dO 24 de xullo de 2008, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2010.

José María Barreiro Díaz

Director xeral da Función Pública