DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (279/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos ante este xulgado do Social tramitados baixo o número 279/2010 por instancia de Ángel Lata Rodríguez, contra a empresa Baifox, S.L., sobre vacacións, ditouse a seguinte resolución cuxa resolución di:

Que, estimando a demanda interposta por Ángel Lata Rodríguez, contra a empresa Baifox, S.L., debo declarar e declaro que o demandante ten dereito ao desfrute das vacacións anuais desde o 1 de agosto de 2010 ao 31 de agosto de 2010, ambos os dous incluídos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes ás cales se lle fará saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación á empresa Baifox, S.L., mediante a súa publicación no DOG, que ten o seu domicilio descoñecido, advertíndolle que as seguintes dilixencias se farán nos estrados do xulgado salvo as que revistan forma de emprazamentos, autos ou sentenzas, expido e asino esta cédula na Coruña o 20 de maio de 2010.

María Adelaida Egurbide Margañón

Secretaria xudicial