DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.456

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario deste organismo.

O número 4 da base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días hábiles de antelación.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, polo que este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar os aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo das categorías cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa e persoal de servizos xerais para a realización dos exercicios consonte a seguinte distribución:

Cociñeiro/a: terceiro exercicio, día 29 de xuño, ás 9.00 horas; cuarto exercicio, día 29 de xuño, ás 9.30 horas.

Grupo auxiliar da función administrativa: terceiro exercicio, día 29 de xuño, ás 9.30 horas.

Persoal de servizos xerais: terceiro exercicio, día 29 de xuño, ás 9.30 horas.

Grupo técnico da función administrativa, cuarto exercicio, día 29 de xuño, ás 9.30 horas; terceiro exercicio, día 29 de xuño, ás 10.00 horas.

Grupo de xestión da función administrativa: cuarto exercicio, día 29 de xuño, ás 9.30 horas; terceiro exercicio, día 29 de xuño, ás 12.30 horas.

Segundo.-Os exercicios realizaranse na Escola Galega de Administración Sanitaria, avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37, edificio CNL. Portal A-B. 1º andar, San Lázaro, Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e posesión de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con memoria.

O chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

De conformidade co establecido no segundo parágrafo do número 4 da base sexta da convocatoria poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías, así como varios exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, cambiando a súa orde de realización, de ser o caso.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos