DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.456

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativo á publicación de puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro).

O número 11 da base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que tras a publicación provisional das puntuacións dos exercicios os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.

Á vista das reclamacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou as listaxes de puntuacións definitivas outorgadas aos aspirantes, polo que procede agora darlles publicidade, e facúltase para iso expresamente a este centro directivo, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar as puntuacións definitivas do segundo exercicio acadadas polos aspirantes das categorías de cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa e persoal de servizos xerais, de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.

Segundo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos