DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de persoal subalterno deste complexo hospitalario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, o posto de traballo de xefe de persoal subalterno do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo.-As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, no rexistro do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, sito no Hospital A Coruña, As Xubias de Arriba nº 84, 15006 A Coruña ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 26 de abril de 2010.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe de persoal subalterno do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Grupo de clasificación: C2.

Nº de vacantes: 1.