DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.432

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 2010 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2010-2011, entre profesorado dos corpos de catedráticos e de profesorado de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticas e catedráticos e profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado de música e artes escénicas, catedráticas e catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor do ano 2010, interinas, interinos, substitutas e substitutos e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Coa finalidade de adxudicarlle destino provisional para o curso académico 2010-2011 ao profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase este concurso de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Convócase o concurso, de acordo coas especificacións que se citan nesta orde, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 2010-2011, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e o profesorado con destino definitivo que se relaciona na base segunda e terceira desta convocatoria.

Segunda.-Obrigatoriedade de participación.

Estarán obrigados a participar neste concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado desprazado por falta de horario.

b) O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razóns de saúde, pola situación persoal do propio docente.

c) O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razóns de saúde, pola situación persoal dun familiar.

d) O profesorado que teña que reincorporarse á comunidade autónoma procedente do estranxeiro.

e) O profesorado que teña dereito a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro.

f) O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razón de conciliación familiar e laboral.

g) O profesorado en situación de expectativa de destino que figura no anexo II da Resolución do 20 de abril de 2010 (DOG do 14 de maio), pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarias e funcionarios docentes dos distintos corpos, que se ordenará por anos de realización do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel.

h) O profesorado que solicite o reingreso no servizo activo con efectividade do inicio do curso académico 2010-2011.

i) As opositoras e os opositores que superaron o procedemento selectivo de acceso e ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e, profesores de música e artes escénicas, convocado pola Orde do 16 de marzo de 2010 (DOG do 5 de abril), pola orde obtida no procedemento selectivo, en virtude das relacións expostas polas comisións de selección ou tribunal único correspondente.

j) O profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 2009-2010, sen prexuízo do establecido no addenda asinada o vinte e sete de abril de dous mil dez, ao acordo do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco, sobre o acceso á función pública docente en calidade de persoal docente interino ou substituto.

k) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución, sen prexuízo do establecido na addenda asinada o vinte e sete de abril de dous mil dez, ao acordo do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco, sobre o acceso á función pública docente en calidade de persoal docente interino ou substituto.

Ao persoal docente que solicitase unha comisión de servizos por razón de conciliación familiar e laboral non poderá efectuar unha nova petición de prazas, utilizándose a súa instancia de comisión de servizos para a adxudicación de praza.

O persoal docente que solicitase unha comisión de servizos por razón de saúde e sexa profesor ou profesora en expectativa de destino, interino ou substituto poderá efectuar unha nova solicitude por esa condición. No suposto de non obter destino pola solicitude presentada para a comisión de servizos por razón de saúde, será obxecto de tratamento informático nesta orde a nova instancia presentada.

Terceira.-Participación voluntaria para o persoal funcionario de carreira das escolas oficiais de idiomas.

O persoal funcionario de carreira con destino definitivo nas escolas oficiais de idiomas poderá, con carácter excepcional, solicitar prazas provisionais para o curso académico 2010-2011 das escolas oficiais de idiomas e as súas extensións. A este profesorado adxudicaráselle praza inmediatamente antes do profesorado en expectativa de destino e, entre eles, a orde virá determinada sucesivamente pola maior antigüidade no corpo, maior antigüidade no centro e maior puntuación no procedemento selectivo.

Cuarta.-Prazas que pode solicitar o profesorado do corpo de profesores de ensino secundario.

O profesorado de ensino secundario poderá solicitar as seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das cales sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I desta orden e para as especialidades de:

Código da especialidade:

001 Filosofía

002 Grego

003 Latín

004 Lingua castelá e literatura

005 Xeografía e historia

006 Matemáticas

007 Física e química

008 Bioloxía e xeoloxía

009 Debuxo

010 Francés

011 Inglés

012 Alemán

016 Música

017 Educación física

018 Orientación educativa

019 Tecnoloxía

053 Lingua e literatura galega

056 Informática ESO e bacharelato

061 Economía

101 Administración de empresas

102 Análise e química industrial

103 Asesoría e procesos de imaxe persoal

104 Construcións civís e edificación

105 Formación e orientación laboral

106 Hostalaría e turismo

107 Informática

108 Intervención sociocomunitaria

109 Navegación e instalacións mariñas

110 Organización e xestión comercial

111 Organización e proc. de mantemento de vehículos

112 Organización e proxectos de fabricación mecánica

113 Organización e proxectos sistemas enerxéticos

115 Procesos de produción agraria

116 Procesos na industria alimentaria

117 Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

118 Procesos sanitarios

119 Procesos e medios de comunicación

120 Procesos e produtos de téxtil, confección e pel

121 Procesos e produtos do vidro e cerámica

122 Procesos e produtos en artes gráficas

123 Procesos e produtos en madeira e moble

124 Sistemas electrónicos

125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

700 Profesor especialista

701 Profesor especialista de fútbol

702 Profesor especialista de fútbol sala

803 Cultura clásica

b) O profesorado de ensino secundario, titulares das especialidades correspondentes, poderán solicitar as prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV desta orde. Para tales efectos deberán incluír na súa petición os códigos destes centros mantendo o código da especialidade do corpo de profesores de ensino secundario, aínda no suposto de que optasen por efectuar a súa solicitude por localidades.

c) O persoal funcionario de carreira, interino e substituto da especialidade de administración de empresas poderá pedir prazas indistintamente desta especialidade e de organización e xestión comercial.

d) De conformidade co previsto no punto segundo da addenda do 27 de abril de 2010, as especialidades que viñan funcionando para os efectos de cobertura de interinidades e substitucións como unha lista única divídense nas que a continuación se relacionan.

-Lista de clásicas, en latín e grego.

-Lista de administración de empresas en administración de empresas e economía.

-Lista de procesos de diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos en procesos de diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos e procesos sanitarios.

e) As persoas que figuran nas listas únicas relacionadas na alínea anterior incluiranse de oficio nas listas en que se dividen sempre que posúan a titulación exixida para ingresar no corpo e especialidade correspondente, respectando o número de orde que tiñan na lista única da cal proceden.

f) O persoal funcionario de carreira titular de máis dunha especialidade, e o persoal interino e substituto do corpo de profesores de ensino secundario que figure en máis dunha lista poderá solicitar praza por todas as especialidades que posúe efectuando unha solicitude para cada especialidade, sen prexuízo de que poidan renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo de reclamacións á resolución provisional establecido na base trixésimo primeira desta resolución.

A adxudicación de destino provisional realizarase por orde de código das especialidades. No caso de adxudicarlle praza nunha especialidade retiraráselle a solicitude da outra ou das outras especialidades.

Quinta.-Especialidades agrupadas do corpo de profesores de ensino secundario.

a) As especialidades agrupadas caracterízanse porque serán adxudicadas conxuntamente. Os funcionarios de carreira que sexan titulares de máis dunha especialidade das agrupadas solicitará todas as prazas que desexe nunha única instancia. O persoal docente interino e substituto que estea en máis dunha lista das especialidades agrupadas formalizará unha solicitude por cada especialidade.

b) Son especialidades agrupadas as seguintes:

-Sistemas electrotécnicos e automáticos e Organización e proxectos de sistemas enerxéticos.

-Analíse e química industrial, Procesos de producción agraria e Procesos na industria alimentaria.

-Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos e Procesos sanitarios.

Sexta.-Prazas que poden solicitar as funcionarias e os funcionarios do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

O profesorado do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderá solicitar as seguintes prazas, de acordo coas especificacións contidas nesta base, sen prexuízo do establecido para a especialidade de procesos comerciais neste punto

a) Prazas correspondentes ás especialidades das cales sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

Código da especialidade:

021 Taller de vidro e cerámica

030 Prácticas protésico dental

031 Prácticas hixienista dental

033 Prácticas e actividades

201 Cociña e pastelaría

202 Equipamentos electrónicos

203 Estética

204 Fabricación e instalación de carpintaría e moble

205 Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

206 Instalacións electrotécnicas

208 Laboratorio

209 Mantemento de vehículos

210 Máquinas, servizos e produción

211 Mecanizado e mantemento de máquinas

212 Oficina de proxectos de construción

213 Oficina de proxectos de fabricación mecánica

214 Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios

215 Operación de procesos

216 Operacións de produción agraria

217 Patronaxe e confección

218 Perrucaría

219 Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

220 Procedementos sanitarios e asistenciais

221 Procesos comerciais

222 Procesos de xestión administrativa

223 Produción de artes gráficas

225 Servizos á comunidade

226 Servizos de restauración

227 Sistemas e aplicacións informáticas

228 Soldadura

229 Técnicas e procedementos de imaxe e son

230 Fontanaría

240 Linguaxe de signos

700 Profesor especialista

b) O persoal funcionario de carreira, interino e substituto das especialidades que a seguir se citan poderán solicitar prazas das especialidades que se indican:

Especialidade: procesos comerciais.

Especialidades que se poden solicitar: procesos comerciais; procesos de xestión administrativa.

Especialidade: laboratorio.

Especialidades que se poden solicitar: laboratorio; operacións de proceso.

c) De conformidade co previsto no punto segundo da addenda do 27 de abril de 2010, as especialidades que viñan funcionando para os efectos de cobertura de interinidades e substitucións como unha lista única divídense nas que a continuación se relacionan:

-Lista de Procedementos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos en Procedementos de diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos e Procedementos sanitarios e asistenciais.

d) As persoas que figuran na lista única relacionada na alínea anterior incluiranse de oficio nas listas en que se divide sempre que posúan a titulación exixida para ingresar no corpo e especialidade correspondente, respectando o número de orde que tiñan na lista única de que proceden.

e) O persoal funcionario de carreira titular de máis dunha especialidade, e o persoal interino e substituto do corpo de profesores técnicos de formación profesional que figure en máis dunha lista poderá solicitar praza por todas as especialidades que posúe efectuando unha solicitude para cada especialidade, sen prexuízo de que poidan renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo establecido na base trixésimo primeira desta orde.

A adxudicación de destino provisional realizarase por orde de código das especialidades. No caso de adxudicarlle praza nunha especialidade retiraráselle a solicitude da outra ou das outras especialidades.

Sétima.-Especialidades agrupadas do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Funcionarán como especialidades agrupadas do corpo de profesores técnicos de formación profesional, para os efectos de adxudicación, as seguintes:

-Mecanizado e mantemento de máquinas e Soldadura.

-Instalacións electrotécnicas e Instalación e mantemento de equipamentos térmicos e fluídos.

-Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico e Procedementos sanitarios e asistenciais.

-Perrucaría e Estética.

-Operacións de produción agraria e Operacións e equipamentos de elaboración de produtos alimentarios.

-Cociña e pastelaría e Servizos de restauración.

Oitava.-Solicitude por localidades.

O profesorado de ensino secundario e o profesorado técnico de formación profesional que solicite localidades entenderase que solicita todos os centros da localidade, incluídos no anexo I, pola orde que se publican nesta orde. Se pide a localidade con afíns, entenderase que solicitan con prioridade todos os centros desta sen afíns e, posteriormente, con afíns. Se desexa solicitar centros doutros anexos deberá especificar a petición co código do centro mantendo o código da especialidade do seu corpo.

Enténdese que se realiza a mesma orde de petición ao solicitar itinerancias.

Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten centros específicos de adultos, entenderase que piden, se é o caso, ámbitos de coñecemento, e adxudicarase a praza na especialidade que figure en primeiro lugar.

Novena.-Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

O profesorado de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderá solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

Código da especialidade:

001 Alemán

002 Árabe

004 Chinés

006 Español para estranxeiros

008 Francés

009 Galego

011 Inglés

012 Italiano

013 Xaponés

015 Portugués

017 Ruso

Décima.-Prazas que pode solicitar o persoal funcionario do corpo de profesores de música e artes escénicas.

O profesorado de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das cales sexan titulares, poderá solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

Código da especialidade:

401 Acordeón

402 Arpa

403 Canto

404 Clarinete

405 Clave

406 Contrabaixo

407 Coro

408 Fagot

409 Flabiol i tambori

410 Frauta travesa

411 Frauta de pico

412 Fundamentos de composición

413 Gaita galega

414 Guitarra

415 Guitarra flamenca

416 Historia da música

417 Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco

418 Instrumentos de puga

419 Óboe

420 Órgano

421 Orquestra

422 Percusión

423 Piano

424 Saxofón

425 Tenora i tible

426 Trombón

427 Trompa

428 Trompeta

429 Tuba

431 Viola

432 Viola da gamba

433 Violín

434 Violoncello

435 Danza española

436 Danza clásica

437 Danza contemporánea

438 Flamenco

439 Historia da danza

440 Acrobacia

441 Canto aplicado á arte dramática

442 Caracterización e indumentaria

443 Danza aplicada á arte dramática

444 Dicción e expresión oral

445 Dirección escénica

446 Dramaturxia

447 Esgrima

448 Espazo escénico

449 Expresión corporal

450 Iluminación

451 Interpretación

452 Interpretación con obxectos

453 Interpretación no musical

454 Interpretación no teatro do xesto

455 Literatura dramática

456 Técnicas escénicas

457 Técnicas gráficas

458 Teoría e historia da arte

459 Teoría teatral

460 Linguaxe musical

Para a adxudicación de determinadas prazas en que se vai impartir o grao superior das ensinanzas de música reguladas na sección primeira, capítulo I, do título II da LOXSE, exixirase estar en posesión do título superior de música ou equivalente do instrumento correspondente, segundo o artigo 1 do Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo. Para estes efectos, os solicitantes xuntaranlle á petición copia do título correspondente.

Décimo primeira.-Prazas que poden solicitar os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

As profesoras e profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das cales sexan titulares, poderán solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

Código da especialidade:

040 Xemoloxía

507 Debuxo artístico e cor

508 Debuxo técnico

509 Deseño interiores

512 Deseño gráfico

515 Fotografía

516 Historia da arte

517 Xoiaría e ourivaría

518 Materiais e tecnoloxía: cerámica e vidro

520 Materiais e tecnoloxía: deseño

521 Medios audiovisuais

522 Medios informáticos

523 Organización industrial e lexislación

525 Volume

526 Historia coa especialidade de arqueoloxía

As prazas de organización industrial e lexislación adxudicaranse como prazas de formación e orientación laboral do corpo de profesores de ensino secundario.

Décimo segunda.-Prazas que poden solicitar as funcionarias e funcionarios do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

As mestras e mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das cales sexan titulares, poderán solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

Código da especialidade:

067 Taller do moble

097 Serigrafía

107 Deseño gráfico asistido por ordenador

603 Complementos e accesorios

604 Dourado e policromía

607 Esmaltes

608 Fotografía e procesos de reprodución

610 Moldes e reproducións

612 Talla en pedra e madeira

613 Técnicas cerámicas

614 Técnicas de gravado e estampación

615 Técnicas de xoiaría e bixutería

616 Técnicas de ourivaría e prataría

617 Técnicas de patronaxe e confección

618 Técnicas de metal

Décimo terceira.-Solicitude de disciplinas afíns e de centros compartidos.

1. O persoal participante deberá manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns con que desexa completar, se é o caso, horario, do mesmo ou distinto corpo.

2. De existir nun centro máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola cal se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro ou localidade con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, ou con itinerancia, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repetir os códigos dos centros en que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns e (B) que fai referencia á itinerancia. Cando se pretende solicitar un centro primeiro sen materias afíns e inmediatamente despois con materias afíns e con itinerancia, terán que transcribir o código do centro unha soa vez, poñendo unha cruz (x) nos recadros da dereita da solicitude. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro ou localidade sobre a orde das materias afíns.

Décimo cuarta.-Desprazadas e desprazados por falta de horario.

1.a) Estará obrigado a participar neste concurso, por todas as especialidades das cales sexan titulares e a prazas da súa localidade, o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que, tendo destino definitivo, deba ser desprazado por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2010-2011.

1.b) Aos que, estando obrigados, non participen neste concurso, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adxudicaralles de oficio destino provisional para o curso académico 2010-2011 nun centro da localidade en que está destinado definitivamente.

1.c) Quedará exento de participar obrigatoriamente polo punto 1.a) e 1.b) o profesorado que participe polo punto 2.a) desta base.

2.a) Poderán participar voluntariamente neste concurso, nas especialidades das cales sexa titular, e a prazas da localidade ou localidades que elixan, o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que, tendo destino definitivo, deba ser desprazado por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2010-2011.

2.b) Este profesorado poderá indicar se está disposto a completar horario con materias afíns.

3. A inspección educativa comunicaralles aos institutos de educación secundaria e aos centros públicos integrados,aos centros integrados de formacion profesional e á Subdirección Xeral de Recursos Humanos, con anterioridade ao 1 de xullo de 2010, o número de profesores, indicando a especialidade da que son titulares, que non van ter horario no próximo curso académico.

4. Considérase que un profesor ou profesora non ten horario no seu centro cando non dispoña de ningunha hora da súa especialidade.

5. Con carácter previo ao procedemento de elección de horarios previsto no punto 88 e seguintes da Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro), e 109 e seguintes da Orde do 3 de outubro de 2000 (DOG do 2 de novembro), a xefatura de estudos determinará o número de profesores pertencentes a cada departamento que poderá elixir horario.

Este número virá determinado polo cociente que resulte de dividir o número total de horas asignado ao departamente entre 18, e será de aplicación para os restos o establecido no punto terceiro desta orde, e todo iso sen prexuízo de aplicación do establecido na Orde do 1 de setembro de 1987, pola que se adecua a xornada de traballo dos funcionarios docentes.

6. O profesorado que sexa titular de máis dunha especialidade deberá pedir praza por todas elas.

7. Na adxudicación do profesorado desprazado por falta de horario terán dereito preferente os desprazados de localidade, e desempatará a maior antigüidade no corpo, a maior antigüidade no centro e a maior puntuación no proceso selectivo, sucesivamente.

Décimo quinta.-Orde de adxudicación das prazas.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda, sen prexuízo dos dereitos preferentes a centro e localidade, regulados nesta orde.

Na adxudicación das prazas de comisión de servizos por razóns de saúde, dentro de cada grupo, os criterios de prioridade veñen determinados pola maior antigüidade no corpo, a maior antigüidade no centro e a maior puntuación no proceso selectivo, sucesivamente.

Enténdese que o persoal docente interino ten dereito á adxudicación de praza por concesión de comisión de servizos por razóns de saúde, por ser concelleiro ou concelleira, cando o seu número de orde de lista na especialidade correspondente sexa igual ou inferior ao número de prazas que desa especialidade se van a adxudicar a persoal docente interino.

Na adxudicación de prazas en comisión de servizos por razón de conciliación da vida familiar e laboral a prioridade virá determinada polo número de fillos menores de 10 anos e, no caso do mesmo número de fillos, pola antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira no corpo, e antigüidade no centro e puntuación na oposición, sucesivamente.

Cando a un profesor ou profesora ao cal se lle concedeu unha comisión de servizos non lle corresponda ningunha das prazas solicitadas participará na adxudicación de destinos pola orde que lle corresponda dentro do seu colectivo, agás na comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral que, de conformidade co previsto na base segunda desta convocatoria, participarán cunha única instancia.

Décimo sexta.-Dereito preferente a centro.

Terán dereito preferente a centro:

a) O persoal docente suprimido e desprazado por falta de horario.

b) As concelleiras e concelleiros ao centro en que prestaban servizos no momento en que resultaron elixidas ou elixidos.

Décimo sétima.-Dereito preferente á localidade.

Terán dereito preferente a localidade:

a) O profesorado desprazado por falta de horario, ás prazas da localidade en que teñen destino definitivo.

b) O profesorado procedente do estranxeiro, ás prazas da localidade en que estaban destinados no momento de obter praza no estranxeiro.

c) As concelleiras e concelleiros ás prazas da localidade en que estaban destinados/as no momento que resultaron electos/as, sempre que non poidan facer efectivo o dereito preferente a centro.

Décimo oitava.-Adxudicación de vacantes itinerantes.

As vacantes itinerantes, completando horario noutro centro ou centros, só se adxudicarán a aquelas electoras e electores que o soliciten explicitamente. Estas vacantes non serán adxudicadas de oficio.

O persoal docente interino e substituto que pida provincia enténdese que solicitan prazas con itinerancia e afíns, agás que expresamente expliciten o contrario na instancia.

Décimo novena.-Adxudicación de vacantes con afíns.

As vacantes con afíns adxudicaránselle só a aquelas electoras e electores que soliciten explicitamente vacantes deste tipo agás nas quendas de oficio, en que poden ser adxudicadas a calquera elector aínda sen colocar. Exceptúanse do anterior aquelas vacantes que teñan como materia afín algún idioma moderno.

Vixésima.-Adxudicación de oficio.

Adxudicarase de oficio a todas e todos os participantes que non acaden destino de entre os solicitados, a todos aqueles que tendo a obriga de participar neste concurso non o fixesen, agás ao profesorado interino e substituto e o profesorado que solicita comisión de servizos e deixa resulta.

A adxudicación de oficio será realizada pola orde en que figura a profesora ou profesor, dentro do seu colectivo, a primeira vacante libre, pola orde en que os centros figuran no anexo que proceda desta orde.

Ao profesorado en expectativa de destino adxudicaráselle destino de oficio, mesmo noutra especialidade de que non sexa titular, de non existir vacante na súa. Esta adxudicación realizarase en especialidades solicitadas como afíns en que queden vacantes unha vez adxudicado destino a todo o profesorado en expectativa. A orde de adxudicación virá determinada polo ano e oposición e dentro do mesmo ano pola puntuación obtida no procedemento selectivo.

Vixésimo primeira.-Non adxudicación de oficio ao profesorado interino e substituto.

1. As profesoras e profesores interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlles ningunha destas prazas, pasarán a formar parte da listaxe para posibles novas necesidades de interinidades ou substitucións.

2. Ás profesoras e aos profesores interinos que, solicitando prazas da súa especialidade, completen o horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade, poderá serlles adxudicada praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados todos os colectivos sinalados na base segunda desta orde.

3. Ao profesorado substituto unicamente se lle poderá adxudicar praza da súa especialidade con ou sen materias afíns segundo a solicitude.

4. O profesorado interino e substituto que non obteña praza nesta adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como interino ou substituto nunha ou varias provincias, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura de substitucións no prazo que no seu momento se estableza na páxina web da consellería. O que non efectúe petición enténdese que opta por prestar servizos en todas as provincias da comunidade autónoma.

Vixésimo segunda.-Adxudicación de prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre o funcionariado en expectativa de destino e, se é o caso, interinos e substitutos dos corpos correspondentes, seranlle adxudicadas ao profesorado de ensino secundario da respectiva especialidade que as solicitasen.

Vixésimo terceira.-Adxudicación en especialidade solicitada como afín.

Cando concorra a prazas de materias afíns profesorado de distinta especialidade, a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda desta orde. No suposto de que pertenzan ao mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servizos como interina, interino ou substituta ou substituto. De coincidir a mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra M.

Vixésimo cuarta.-Prazas a tempo parcial.

Excepcionalmente, cando non se poida completar o horario da xornada de traballo con horas doutra especialidade no centro ou completar o horario noutro CPI ou IES, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá ofertar prazas de interinidades a tempo parcial, que en ningún caso será inferior a media xornada.

Estas prazas ofertaranse despois de realizada a adxudicación definitiva, sen que sexa preceptiva a súa aceptación.

Vixésimo quinta.-Prazo para cubrir a instancia na web.

1. Para o profesorado desprazado e en expectativa de destino, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas, interinos, substitutas e substitutos o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 16 de marzo de 2010, o prazo será de cinco días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados na páxina web www.edu.xunta.es/oposicións pola comisión de selección ou tribunal único correspondente.

3. As solicitudes efectuaranse a través da páxina web da Subdirección Xeral de Recursos Humanos (www.edu.xunta.es/cadp).

Vixésimo sexta.-Profesorado que non ten que cubrir nova instancia na web.

1. Non terán que formalizar nova solicitude, agás que desexen efectuar unha nova ou modificar a realizada para a convocatoria do curso académico anterior:

a) O profesorado que estaba desprazado por falta de horario no curso 2009-2010 e continúe como desprazado no curso académico 2010-2011.

b) O profesorado que continúa en expectativa de destino.

c) O profesorado interino e substituto que participou no proceso de adxudicación de destinos do curso 2009-2010.

2. Non poderá participar neste concurso o profesorado que teña concedida unha comisión de servizos, agás nos supostos recollidos na base segunda desta convocatoria.

Vixésimo sétima.-Validez da solicitude para os cursos vindeiros.

A solicitude formulada servirá para os cursos vindeiros sen que se teña que facer nova petición. O profesorado que desexe efectuar algunha modificación da súa petición inicial realizarao a través do servizo web://http://www.edu.xunta.es/cadp), na forma que se determine.

Vixésimo oitava.-Aprobados noutras comunidades autónomas.

O profesorado que supere os procedementos selectivos convocados noutra comunidade autónoma comunicarallo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para os efectos da súa exclusión na adxudicación da praza con anterioridade ao 31 de xullo de 2010.

Vixésimo novena.-Renuncias á resolución provisional.

O profesorado interino e substituto que estea nunha situación das que se relacionan a continuación poderá renunciar á resolución provisional, sen que se admitan renuncias parciais.

-Para atender o coidado dun fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.

-Para atender o coidado dun familiar que estea ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

-Por enfermidade grave.

-Por ter concedida unha bolsa de estudos.

-Por ampliación de estudos. Enténdese que hai ampliación de estudos cando se realiza o doutoramento ou estudos para obter un título superior ou unha diplomatura, un máster, así como a formación no estranxeiro de linguas ou no ensino de réxime especial.

-Por ser vítima de violencia de xénero.

-Por calquera das circunstancias que lles permiten aos funcionarios públicos a concesión dos servizos especiais.

Esta renuncia deberá realizarse no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución provisional e o 4 de setembro de 2010, ambos inclusive e deberá realizarse mesmo se non se obtivo destino na resolución provisional, pois iso non implica que non se poida obter na resolución definitiva. De non presentar renuncia e serlle adxudicada praza definitiva, os interesados e interesadas non poderán acollerse a non prestar servizos mantendo o número de orde na lista correspondente, agás que esta petición se formule por unha situación sobrevida ás datas indicadas anteriormente e esta circunstancia se acredite de forma fidedigna.

Sen prexuízo do previsto no punto anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos humanos poderá dar de baixa algunha persoa na relación de adxudicatarios de praza, que deixase de reunir os requisitos para manterse nesta, de oficio ou por instancia da parte interesada, logo de audiencia do interesado ou interesada.

Trixésima.-Relacións de persoal.

1. O día 1 de xullo de 2010, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a publicar as relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na páxina web da consellería (www.edu.xunta.es).

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de dez días naturais para presentar reclamacións.

Trixésimo primeira.-Resolución provisional.

1. Resoltas as reclamacións previstas na base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá á adxudicación das prazas e a facer pública a resolución provisional do concurso na páxina web www.edu.xunta.es e nos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o día 30 de xullo de 2010.

2. As e os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nos seus departamentos territoriais, desde o día seguinte ao da súa publicación ata o 4 se setembro de 2010.

Trixésimo segunda.-Resolución definitiva.

Resoltas as reclamacións previstas na base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá á adxudicación das prazas e a facer pública a resolución definitiva do concurso na páxina web www.edu.xunta.es e nos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o día 14 de setembro de 2010.

Trixésimo terceira.-Toma de posesión.

O profesorado tomará posesión no centro educativo de destino, no prazo de corenta e oito horas desde a publicación da adxudicación definitiva na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos seus departamentos territoriais, e incorporarase ao centro con efectividade económica e administrativa da data fixada para o comezo de curso, agás no suposto de que o nomeamento ou toma de posesión se efectúe con posterioridade.

O centro educativo remitiralle ao departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo das vinte e catro horas seguintes á presentación do interesado ou interesada, a toma de posesión, a declaración xurada de non estar incurso en actividade incompatible e os restantes documentos que teña establecidos o propio departamento territorial.

Nos supostos de especialidades das cales se imparte docencia en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas, non poderá haber interrupción de servizos nos profesores interinos deste curso que sexan nomeados interinos desde o inicio do curso 2010-2011.

No caso das comisións de servizo os efectos serán do 17 de setembro de 2010, sen prexuízo de que as comisións de servizo do profesorado que proceda de fóra da comunidade autónoma terán efectividade do 1 de setembro de 2010.

Disposición adicional

A orde de adxudicación de corpos será o seguinte:

Mestres, profesores de relixión de primaria, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesorado de relixión de secundaria.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "11700D015P068.PDF"

ANEXO V

Don/a....................................................................co DNI ... e domicilio para efectos de notificación na rúa...........................................................................

CP ..... localidade.....................................................

provincia.................................... teléfono ................

Expón:

Que de conformidade coa orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de xuño de 2010, solicitou praza como

w Interino

w Substituto

No corpo de ..........., especialidade de .................

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de música e artes escénicas (rísquense os corpos que non procedan) convocado pola Orde do 16 de marzo de 2010 na especialidade de ..., polo que solicita que a súa petición sexa tramitada conforme a base vixésimo sexta da orde mencionada.

... , ... de ... 2010.

Asdo.: ...

Director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "11700D015P068.PDF"