DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2010, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 3 de xullo), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2010, o tribunal nomeado pola Orde do 9 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 30, do 15 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 129, do 3 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Proceder á publicación das cualificacións do segundo exercicio da fase da oposición. As cualificacións resultantes, logo da corrección polo tribunal do citado exercicio, son as seguintes:

NIF: 36015936Y.

Apelidos e nome: Fernández Martínez, Concepción.

Cualificación: apta.

Segundo.-Realizar os trámites oportunos para a publicación no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), das puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao segundo exercicio do proceso selectivo.

Terceiro.-Que de acordo co disposto na base II.1.1.2. da orde da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os/as aspirantes que superaron o segundo exercicio, así como os/as exentos/as que superaron o primeiro, disporán dun prazo de dez días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar a documentación correspondente á fase de concurso, de acordo co procedemento establecido pola Resolución do 9 de xuño de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia nº 112, do 15 de xuño). Esta documentación irá dirixida á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2010.

Juan Antonio Valiño García

Presidente do tribunal