DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2010 Páx. 11.429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 16 de xuño de 2010 pola que se nomea o novo tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

En virtude da orde da Consellería de Facenda do 26 de xuño de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 129, do 3 de xullo, convocouse o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

No Diario Oficial de Galicia nº 241, do 11 de decembro de 2009, publicouse a Orde do 4 de decembro de 2009 pola que se nomearon os membros do tribunal que debería cualificar o proceso selectivo referido.

Con posteridade á data sinalada, as persoas nomeadas en virtude da orde citada presentaron as súas renuncias como membros do tribunal, renuncias que foron aceptadas coa Orde do 30 de marzo de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 61, do 31 de marzo.

De acordo co exposto, co obxecto de continuar coa tramitación deste proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o novo tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

ANEXO

Corpo superior de administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1)

Promoción interna

Tribunal titular:

Presidencia:

-María Antonia Arias Bouzas.

Secretaría:

-Mª Irache Enríquez Albaina.

Vogais:

-Luis Míguez Macho.

-Francisco M. Castro Allegue.

-Antón Baeza Barrantes.

Tribunal suplente:

Presidente:

-Lino Sexto Bermúdez.

Secretaría:

-Ana Cacharrón Castelos.

Vogais:

-Teresa Carballeira Rivera.

-Jaime Barros Leboreiro.

-Mónica Fernández Fernández.