DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o vinte e seis de febreiro de dous mil dez, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«33.-Aceptación da delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infraccións das normas de tráfico do Concello de Sada.

Aceptar a delegación de competencias en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial acordada polo Concello de Sada.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases e terá efectos desde o momento que se publique este acordo no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.»

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 3 de xuño de 2010.

Salvador Fernández Moreda José Luis Almau Supervía

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial da Coruña Provincial da Coruña