DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de apertura de información pública.

Tras solicitar Pedro Rodríguez Rodríguez a licenza de instalación da actividade de taller de reparación de automóbiles, ramas mecánica, electricidade, carrozaría e pintura, sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación no BOP ou no DOG para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar na Secretaría municipal en horario de oficina os días laborables.

A Veiga, 12 de maio de 2010.

Edesio Yáñez Gómez

Alcalde