DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MESÍA

ANUNCIO.

Tras solicitar Fernando Núñez Carballo, en representación de Gandería Beledo, S.C., a licenza de ampliación de corte, no lugar de Beledo, parroquia de Xanceda, no termo municipal de Mesía, en cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do Concello durante as horas de oficina.

Mesía, 20 de maio de 2010.

Mariano Iglesias Castro

Alcalde