DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDO

EDICTO.

José Benito López López solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalacións para actividade de comercialización de gando vacún que se van situar en Castro. Cumprindo o disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Carballedo, 27 de maio de 2010.

Julio Manuel Yebra Pimentel Blanco

Rubricado