DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2010, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se anuncia a contratación do servizo de cafetaría do Hospital Teresa Herrera, do Hospital A Coruña (local actual) e do Hospital A Coruña (local novo) pertencentes a este complexo hospitalario mediante procedemento aberto AB-CHC1-10-036.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias 84, 15006 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico:

contrataciones.chuac@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información:

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación da adecuación, equipamento e explotación da cafetaría-comedor de persoal e público do Hospital Teresa Herrera e da cafetaría-comedor de personal do Hospital A Coruña, en primeiro lugar no local actual, e posteriormente no local novo, que se ten previsto destinar en execución das obras do Plan Director do Complexo Hospitalario.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Prazo de execución/entrega: a explotación por parte do adxudicatario terá unha duración de 15 anos, contados desde que se produza o comezo efectivo da explotación do servizo na última das dúas cafetarías contratadas.

e) Admisión de prórroga: si. Será prorrogable a partir da terminación do contrato, por un ou varios períodos e sen que o total das prórrogas poida exceder os 5 anos. De acordo co artígo 23.3º da LCSP.

f) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

Ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon:

a) Para os efectos deste contrato establécese un canon mínimo anual de 12.000 €/ano para o primeiro ano de actividade.

5. Garantías exigidas:

a) Provisoria: non.

b) Definitiva: equivalente ao 2% do investimento inicial proposto.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do cuadraxésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandarse por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (planta baixa do Hospital A Coruña).

2. Domicilio: Xubias de Arriba, 84.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15006.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas de Xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta soto do Hotel de Pacientes (anexo o Hospital A Coruña). Xubias de Arriba, 84.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15006.

c) Data e hora: a data de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non valorables de forma automática e sobre C relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade:

Por conta dos adxudicatarios. DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/líña).

A Coruña, 10 de xuño de 2010.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario A Coruña