DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2010 pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos interpostos contra a denegación por silencio administrativo de solicitudes de cambios de cultivo e cambios de localización nos viveiros Touriño e Tacon III.

A Consellería do Mar recibe, da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencias polas que se admiten a trámite os recursos contencioso-administrativos que se indican a continuación, contra a denegación por silencio administrativo das solicitudes de cambio de cultivo e cambio de localización nos viveiros sinalados:

Ver referencia pdf "11600D054P065.PDF"

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión dos expedientes administrativos á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección segunda da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2010.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar