DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2010 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor, de vinte e catro obras en varios distritos forestais. (Expediente 32/10).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: 24 obras en diferentes distritos forestais que se relacionan no punto 4 deste anuncio.

c) Lugares de execución: os que se especifiquen nos pregos de prescricións técnicas.

d) Prazos de execución: 18 meses.

e) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Ver referencia pdf "11600D054P065.PDF"

5. Financiamento: Feader 57,56%.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C para as obras 1, 7, 18 e 19.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares, para o resto das obras.

7. Garantías.

Provisionais: non.

Definitivas: 5% do orzamento base de licitación.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Contratación (Consellería do Medio Rural).

b) Secretaría Xeral.

c) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

d) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

e) Teléfonos: cuestións administrativas (981 54 57 48 - 981 54 57 42) - cuestións técnicas (981 54 60 71 - 981 54 60 79).

f) Telefax: 981 54 57 92.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14288

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Para o caso de concorreren a varias obras, o licitador poderá enviar un único sobre A para todas elas, tendo en conta os requisitos específicos establecidos para cada unha delas.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), e pódese enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (02) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 10.00 horas do décimo sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

A apertura dos sobres C terá lugar en acto público no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

P.D. (Orde 24-4-2009)

Jorge Atán Castro

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

Ver referencia pdf "11600D054P065.PDF"