DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación da sanción por infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais á empresa Construcciones San Blas, S.L.

O artigo 40.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, dispón que as sancións impostas por infraccións moi graves, unha vez firmes, se farán públicas na forma que se determine regulamentariamente.

O Real decreto 597/2007, do 4 de maio, desenvolve o anterior mandato legal, establecendo as formalidades necesarias para dar publicidade ás sancións impostas por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais.

A orde da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, do 30 de xullo de 2008, executa e desenvolve determinados aspectos do citado real decreto, fundamentalmente na determinación do órgano competente para ordenar a publicidade das sancións, os medios para a súa publicación e a creación do rexistro público en que se inscribirán as sancións impostas por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais.

Ao abeiro dos preceptos citados e conforme o establecido no artigo 2.3º da Orde do 30 de xullo de 2008, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro.-Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da sanción imposta na Resolución do 14 de decembro de 2009, ditada polo director xeral de Relacións Laborais, que adquiriu firmeza en data 1 de abril de 2010, coa inclusión dos seguintes datos:

-Nome ou razón social da empresa: Construcciones San Blas, S.L.

-Sector da actividade e CNAE: construción de edificios. (412).

-CIF: B36021574.

-Domicilio social: avenida García Barbón, 118, oficina 5, Vigo.

-Infracción cometida: artigo 13.10º do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

-Importe da sanción económica imposta: 40.986 €.

-Data de expedición da acta: 3-7-2009.

-Data de firmeza da sanción: 1-4-2010.

Segundo.-Acordar a incorporación dos datos anteriores ao rexistro de sancións impostas por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais.

Os datos rexistrais correspondentes á sanción imposta cancelaranse aos cinco anos contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais