DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario, mediante acordo marco con procedemento aberto, para a adquisición de mobiliario con destino aos centros de ensino dependentes desta consellería. (Expediente ED-24/10-SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: ED-24/10-SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario que se describe no correspondente prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes e número: si; 36 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que se van entregar.

d) Prazo de entrega: trinta (30) días ou o prazo ofertado polo adxudicatario se fose inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o orzamento máximo desta contratación é de 2.500.000 euros, que se corresponden cun valor estimado de 2.155.172,41 euros, máis 344.827,59 euros equivalente ao 16% do IVE. Véxase o punto 3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe a súa constitución.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, incluído o IVE, dos lotes adxudicados.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 14329

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 5 de xullo de 2010, ás 14.00 horas.

b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Admisión de variantes: admítese a presentación dunha variante. Véxase o punto 2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 14 de xullo, ás 10.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de xuño de 2010.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2010.

Jesús Oitavén Barcala

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria