DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei. (Expediente IN407A 10/64-2, 7734 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR derivación Gaioso.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a 20 kV, con orixe no apoio metálico nº 89/A-15438 da L.M.T. Augas e final no OCR Gaioso, formada por tres circuítos, cunha lonxitude total de 400 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-150.

-OCR derivación Gaioso en edificio prefabricado tipo PF-3, no cal se instalan dúas celas de liña motorizadas, unha cela de interruptor automático motorizada e unha cela de transformador de SSAA. O telemando consta dun cadro de servizos xerais, un equipamento rectificador/acumulador, unha remota e unha antena, todo controlado desde o Centro de Control de Rede (Cecore) de BEGASA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de maio de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo