Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: L.M.T.A. a C.T. Sampil.
Situación: concello do Saviñao.
Características técnicas:
-L.M.T.S. a 20 kV con orixe no apoio D34-91X da L.M.T. MOF808 e final no C.T. proxectado, cunha lonxitude de 66 metros, en condutor tipo LA-56.
-C.T. intemperie de Sampil, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 20 de maio de 2010.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo