DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello do Corgo. (Expediente IN407A 09/207-2, 7480 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: C.T. e R.B.T. A Ponte de Neira.

Situación: concello do Corgo.

Características técnicas:

-Substitución do C.T.I. existente na Ponte de Neira (50 kVA) por un de 100 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-R.B.T.A. do C.T.I. A Ponte de Neira con orixe no C.T.I. A Ponte de Neira, en condutor tipo R.Z., cunha lonxitude de 1.603 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de maio de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo