DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Padrón. (Expediente IN407A 07/288).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Extramundi de Arriba.

Situación: concello de Padrón.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,345 km, coa orixe na L.M.T. PAD-808 Padrón-Pte. Espiño-Resifor, en cela libre do C.T. Pedreira II (expediente 2006/476), con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3(1× 240) mm2 Al, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, de potencia 250 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV.

Rede de baixa tensión aérea (R.B.T.A.), cunha lonxitude de 1,190 km, con orixe na R.B.T.S. de enlace co C.T. proxectado, con conductor tipo R.Z.

Rede de baixa tensión subterránea (R.B.T.S.), cunha lonxitude de 0,265 km, con orixe no C.T. proxectado, con condutor R.Z.1. Concello de Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de maio de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña