DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello do Porriño. (Expediente IN407A 10/111-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: ampliación C.T. Atios, A Casilla.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: ampliación a 630 kVA do centro de transformación Atios, A Casilla, con relación 15.000/400-230 V, situado no lugar de Vilafría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5º, 36003 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de maio de 2010.

Ignacio Rial Santomé

Xefe territorial de Pontevedra