DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos. (Expediente IN407A 09/158-2, 7622 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: ADIF.

Domicilio social: r/ Eulogio G. Franqueira, nº 6, 32001 Ourense.

Denominación: C.S., L.M.T.S. e C.T. para suministración de enerxía eléctrica a liñas de sinais na estación de ADIF de Monforte de Lemos.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

-C.S. e medida en edificio prefabricado, con dúas partes separadas fisicamente, unha de compañía na que se instalan tres celas de liña con interruptor e outra de abonado na que se instala unha cela de medida, unha de protección e unha de liña.

-L.M.T.S. a 20 kV con orixe no centro de seccionamento e medida e final no centro de transformación, cunha lonxitude de 500 metros en conductor R.H.Z.1-95.

-C.T. prefabricado, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección do transformador, un transformador cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20 kV/2,2 kV, unha cela de BY-PASS, catro celas modulares de 2,2 kV, e un transformador seco de 40 kVA e unha relación de transformación de 2,2 kV/220 V para servizos auxiliares.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 3 de maio de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo