DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e a aprobación da addenda I ao proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural e planta satélite de GNL en Barreiros (Lugo), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A. con enderezo na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707-Santiago de Compostela.

Antecedentes: con respecto á rede de distribución de gas natural no termo municipal de Barreiros, promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A., esta dirección xeral ditou as seguintes resolucións:

-Outorgamento, con data do 8 de abril de 2008, da autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Barreiros (Lugo).

-Aprobación, con data do 11 de setembro de 2009, do proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural e planta satélite de GNL en Barreiros (Lugo).

Obxexto da petición: o obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación da addenda I ao proxecto de execución de instalacións da rede de distribución de gas natural e planta satélite de GNL en Barreiros, para a ampliación da dita rede de distribución.

Descrición das instalacións: as instalacións obxecto da citada addenda proxéctanse en polietileno, no rango de presión 2lMOPm5 bar, e en tubaxe de 200 e 110 mm de diámetro. As novas redes amplían en 7.472 metros a canalización de gas natural no termo municipal de Barreiros.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Barreiros, na provincia de Lugo.

Orzamento: trescentos corenta e cinco mil douscentos cincuenta e seis euros con setenta céntimos (345.256,70 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar a correspondente addenda na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, así como na Consellería de Economía e Industria-Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2010.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas