DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 2 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Boiro. (Expediente IN407A 10/118).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. polígono industrial Espiñeira, 2ª fase.

Situación: concello de Boiro.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 940 m de lonxitude en condutor R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe en cela de C.D. Aleco, pasando polos CC.TT. nº 1, 2 e 3 da 2ª fase do polígono de 630 e 400 kVA tipo prefabricado con envolvente de formigón e manobra exterior, polígono de Espiñeira. Concello de Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de xuño de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefe territorial da Coruña