DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 19 de maio de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello da Laracha. (Expediente IN407A 10/74).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Nicaragua, nº 10-3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Beria (A Laracha).

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas: centro de transformación tipo intemperie, cunha potencia de 50 kVA, e relación de transformación de 15.000-20.000/400-230 V.

Liña de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,009 km, con orixe no apoio nº 66 existente da L.M.T. A Fonteseca-A Beria-As Orxeiras-O Vilar de Boi e final no C.T. A Beria proxectado, condutor tipo LA-56/54,60 mm2.

Reforma da rede de baixa tensión existente instalando 5 novos apoios tipo H.V., de entre 9 e 11 m de altura, condutor tipo R.Z. e lonxitude 0,433 km. Concello da Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de maio de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefe territorial da Coruña