DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 22 de abril de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Santa Comba. (Expediente IN407A 10/65).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: C.T. Cancela e T.V.S.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 200 m con orixe no apoio nº 11 da L.M.T. derivación a Vila de Céltigos, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×150) Al, e final no C.T. Cancela proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación de 20/0,4 kV.

Reforma da rede de baixa tensión e instalación dun seccionalizador de avarías (T.V.S.) nun apoio da L.M.T. Buxán. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de maio de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefe territorial da Coruña