DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2010, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto modificado número 2 do corredor Brión-Noia, treito Brión-Martelo. Clave AC/03/008.01.3.1-M2).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 12 de abril de 2007, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 78/2007, publicado no Diario Oficial de Galicia do 3 de maio de 2007.

Con data do 19 de maio de 2010, a directora xeral de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, aprobou o proxecto modificado número 2 do corredor Brión-Noia. Treito: Brión-Martelo (clave AC/03/008.01.3.1-M2).

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Brión, Lousame e Rois, para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Brión.

Lugar: centro social polivalente de Brión.

Data: 21 de xullo de 2010.

Hora: das 9.30 ás 13.30 horas.

Termo municipal de Lousame.

Lugar: Casa do Concello de Lousame.

Data: 21 de xullo de 2010.

Hora: ás 9.30 horas.

Termo municipal de Rois.

Lugar: local social de Urdilde.

Data: 19 de xullo de 2010, desde Agrafojo Iglesias ata Lois Boullón.

Data: 20 de xullo de 2010, desde Lois Castro ata o Z.

Hora: desde as 9.30 horas ás 13.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concello de Brión, Lousame e Rois e no Servizo de Infraestruturas da Coruña (praza Luís Seoane, s/n 8ª planta 15071-A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo de Infraestruturas da Coruña; praza Luís Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que xulguen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 8 de xuño de 2010.

Antonio N. López Grueiro

Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña