DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 10 de xuño de 2010, do recadador de zona de Lugo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Aazaoui, Mohamed e cento trinta máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde 30, Lugo), no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de junio de 2010.

Roberto Vázquez Fermoso

Recadador de zona de Lugo

Ver referencia pdf "11600D035P054.PDF"

Ver referencia pdf "11600D036P055.PDF"