DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 7 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Andrés Hurtado, Adrián e cento doce máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible efectuar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, mediante este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o servizo de Secretaría, Departamento de Notificacións, do Departamento Territorial da Consellería de Facenda, con enderezo na praza de Pontevedra nº 22, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 7 de xuño de 2010.

Regina Losada Trabada

Xefa territorial da Coruña

Ver referencia pdf "11600D031P047.PDF"

Ver referencia pdf "11600D032P048.PDF"

Ver referencia pdf "11600D033P051.PDF"