DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 3 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de recurso de reposición pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Pico Fernández, María Isabel).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase resolución de recurso de reposición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o servizo sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Pastoriza, 8, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2010.

Carlos Rodríguez Sánchez

Director xeral de Tributos

Ver referencia pdf "11600D031P047.PDF"