DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 3 de xuño de 2010, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan acordos de aprazamentos/fraccionamentos de pagamentos pendentes de notificar e se emprazan as interesadas que se sinalan para seren notificadas por comparecencia (Jamones Francisco Otero Pérez, S.L. e Jardines San Xillao, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse acordos de aprazamentos/fraccionamentos de pagamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse as interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3º do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8-4º, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2010.

Matías Alonso del Campo

Subdirector xeral de Recadación

Ver referencia pdf "11600D031P047.PDF"