DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 2 de xuño de 2010, do recadador de zona de Ourense, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Álvarez Modia, José Luis e trinta e oito máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, da zona de Ourense, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de contrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia que non lles puido ser notificada aos interesados maila aos intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e emprázanse os interesados, ou aos seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Ourense, Alameda do Cruceiro, nº 9-baixo, Ourense), no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 2 de xuño de 2010.

Rafael Torres Lacal

Recadador de zona de Ourense

Ver referencia pdf "11600D028P046.PDF"