De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.
Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na secretaría do Departamento Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8, 3º andar, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 28 de maio de 2010.
Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo
Ver referencia pdf "11600D023P039.PDF"
Ver referencia pdf "11600D024P041.PDF"