DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 27 de maio de 2010, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alpandeiro, S.L. e cento vinte e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, diante do Servizo de Recadación, con enderezo na rúa Comandante Fontanes 17-1ºA, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de maio de 2010.

Julián Benavides Delgado

Recadador de zona da Coruña

Ver referencia pdf "11600D023P039.PDF"