DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 27 de abril de 2010, do recadador de zona de Ourense, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Álvarez Criado, Ismael e vinte e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Ourense, Alameda do Cruceiro, nº 9-baixo, Ourense) no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 27 de abril de 2010.

Rafael Torres Lacal

Recadador de zona de Ourense

Ver referencia pdf "11600D021P038.PDF"