DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselle ás persoas que a seguido se relacionan, a quen non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte o da súa notificación.

Advírtase que, de non ser iniciado este en tempo e forma haberá de aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias do departamento territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 7 de xuño de 2010.

Marta Barreiro Castro

Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome: Juan Ignacio Villanueva Alvariño.

DNI/NIF: 33337563-Y

Número expediente: LU-E 522/2009.

Precepto infrinxido: 23-o) en relación co 26-e) da Lei orgánica 1/1992.

Ultimo enderezo: r/Galicia 9 baixo, Lugo.

Resolución: multa de 1.200 €.