DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, para a contratación do servizo de limpeza en diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica e administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14241

8. Data límite da obtención de documentación e información: 5 de xullo de 2010.

d) Número do expediente: SESE 19-EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo.

b) Descrición: servizo de limpeza en diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva.

d) Lugar de execución: nas sedes sinaladas na letra B do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: doce meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90919200-4. Servizo de limpeza de oficinas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 310.458,31 €.

IVE ao 16 %: 49.673,33 €.

Importe total: 360.131,64 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: 10.803,95 € (3% do importe de licitación, IVE incluído).

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría C.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 6 de xullo de 2010 ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c deste número. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: Subdirección Xeral de Contratación, Edificio Administrativo San Caetano bloque 1, 2º andar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) A data e a hora: terá lugar o acto público o día 16 de xullo de 2010 ás 12.00 horas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 27 de maio de 2010.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2010.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral de la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza