DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, para a contratación do servizo de limpeza en diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención da documentación e información.

1. Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica e administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es

7. Dirección da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14228

8. Data límite da obtención de documentación e información: 2 de xullo de 2010.

d) Número do expediente: SESE 18-EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo.

b) Descrición: servizo de limpeza en diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva.

d) Lugar de execución: nas sedes sinaladas na epígrafe B do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: doce meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90919200-4. Servizo de limpeza de oficinas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 518.092,40 €.

IVE ao 16%: 82.894,78 €.

Importe total: 600.987,18 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: 18.029,62 euros (3% do importe de licitación, IVE incluído).

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría D.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 5 de xullo de 2010, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: Subdirección Xeral de Contratación, edificio administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: o acto público terá lugar o día 15 de xullo de 2010, ás 12.00 horas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 25 de maio de 2010.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2010.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza