DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (294/2010).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un de Lugo, fago saber que por medio de dilixencia de ordenación ditada no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Albagar Coruña, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 294/2010, se acordou citar a Albagar Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 22 de decembro de 2010 ás 10.30 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste xulgado do social número uno sito na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo, debendo comparecer pesoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que sirva de citación Albagar Coruña, S.L., expídese este edicto para a súa remisión ao DOG.

Lugo, 18 de maio de 2010.

Rafael González Alió

Secretario xudicial