DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (1432/2009).

Ana María Carrasco García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro da Coruña, fago saber:

«Que no procedemento demanda 1432/2009, deste xulgado do social, seguidos por instancia de David Figueroa Piñeiro contra a empresa Aplitubo, S.L. e Tubystal Norte, S.L., sobre despedimento, se ditou resolución do teor literal seguinte:

Decido.

Que, estimando a demanda interposta por David Figueroa Piñeiro, contra a empresa Tubystal Norte, S.L. e Aplitubo, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 728,89 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 8.586,6 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que, contra ela, só cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, e que no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 1534 0000 64 1432/09.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 150,25 euros, en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 65 1432/09.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aplitubo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de maio de 2010.

Ana María Carrasco García

Secretaria xudicial