DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE ORDES

EDICTO (145/2009).

No procedemento ordinario nº 145/2009 seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Ordes por instancia de Jesús Fernández Díaz contra a herdanza xacente de Ramiro López Lesta, ditouse sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada polo procurador sr. Cristín Pérez, en nome e representación de Jesús Fernández Díaz, fronte á herdanza xacente de Ramiro López Lesta, debo condenar e condeno a esta a que aboe a aquel a cantidade de dezasete mil douscentos euros (17.200 euros) máis os xuros legais da dita cantidade para computar desde a data de interposición da demanda.

Impóñense as custas procesuais á parte demandada.

Esta resolución non é firme e fronte a ela poderase interpoñer, por escrito, ante este xulgado, dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña»

E como consecuencia do ignorado paradoiro da herdanza xacente de Ramiro López Lesta, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Ordes, sete de maio de dous mil dez.

Josefina Méndez Montero

Secretaria xudicial