DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (59/2010).

Juan María Abalo Castex, secretario do Xulgado de Instrución número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 59/2010 se acordou citar a:

Cédula de citación.

O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Betanzos acordou citar a vostede, co fin de que o próximo día oito de xuño, ás 11.00 horas, asista na sala de vistas á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por ameazas, en calidade de denunciante.

Fáiselle saber que deberá comparecer con todos os medios de proba de que intente valerse no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos…) e que poderá acudir asistido de letrado, ben que non é preceptivo.

Apercibíndoo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, se lle poderá impoñer unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito. O axente xudicial.

E para que conste e sirva de citación a Ion Valentín Preda, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o catorce de maio de dous mil dez.

Juan María Abalo Castex

Secretario xudicial