DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xuño de 2010 pola que se autorizan as ensinanzas de educación para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, en centros específicos de educación e promoción de adultos e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, considera a educación como unha aprendizaxe permanente que se desenvolve ao longo de toda a vida. No seu artigo 66 establece que a educación para persoas adultas ten a finalidade de ofrecer a todos os maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquiriren, actualizaren, completaren ou ampliaren os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional e que os seus obxectivos son, entre outros, adquirir a formación básica, facilitar o acceso aos diferentes niveis do sistema educativo, mellorar a cualificación profesional, desenvolver a participación na vida social e corrixir os riscos de exclusión social.

No punto 2 do artigo 67 a mencionada lei orgánica establece que estas ensinanzas poderán desenvolverse a través do ensino presencial e tamén mediante a educación a distancia.

A Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a educación e promoción de adultos poderá adoptar as modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, no artigo 11 establece que as ensinanzas de adultos poderán impartirse tanto en centros específicos de educación e promoción de adultos como nos centros ordinarios de ensino non universitario que autorice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Co fin de adaptar a oferta da educación primaria e da educación secundaria obrigatoria ás condicións e necesidades das persoas adultas, ditouse a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 24 de xuño de 2008 pola cal se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, pola Orde do 26 de abril de 2007 a mesma consellería ordenou e regulou as ensinanzas de bacharelato para adultos a distancia na Comunidade Autónoma de Galicia e, por Orde do 20 de xullo de 2009, as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas pola modalidade presencial.

Por Orde do 8 de maio de 2002 a Consellería de Educación autorizou as ensinanzas para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia en centros de educación e promoción de adultos e institutos de educación secundaria. Igualmente por sucesivas ordes publicadas no ano 2007 esta consellería ampliou a oferta desas ensinanzas en centros EPA e institutos de secundaria.

A reestruturación das ensinanzas das persoas adultas despois da publicación da mencionada Orde do 8 de maio de 2002, o cambio nas circunstancias demográficas das diferentes comarcas e localidades de Galicia e a necesidade de facer realidade da maneira máis efectiva posible a aprendizaxe ao longo da vida das persoas adultas aconsellan a revisión da autorización das ensinanzas de persoas adultas na comunidade autónoma.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, dispón que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, e das facultades que lle atribúe ao Estado o artigo 149.1.30ª da Constitución.

De conformidade con todo o exposto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Autorízase impartir as ensinanzas de persoas adultas nos centros que se relacionan no anexo, nas modalidades presencial e a distancia sinaladas en cada caso.

Artigo 2º

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará os centros que colaborarán na matriculación, avaliación e atención do alumnado que curse ensinanzas pola modalidade a distancia telemática co centro ou centros autorizados para impartir estas ensinanzas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas aquelas ordes e disposicións anteriores que se opoñan ao disposto nesta orde e, de maneira expresa, as seguintes:

Orde do 8 de maio de 2002 pola que se regula a autorización de ensinanzas de educación para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, en centros de educación e promoción de adultos (EPA) e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 4 de xuño).

Orde do 30 de marzo de 2007 pola que se autoriza o traslado das ensinanzas de educación para persoas adultas do instituto de educación secundaria Primeiro de Marzo de Baiona ao centro público integrado Cova Terreña de Baiona, na provincia de Pontevedra (DOG do16 de abril).

Orde do 11 de maio de 2007 pola que se autorizan as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas a distancia no IES San Clemente de Santiago de Compostela e as de bacharelato de adultos a distancia semipresencial nos centros públicos específicos de educación e promoción de adultos, nas modalidades de bacharelato que se indican (DOG do 6 de xuño).

Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se autorizan as ensinanzas de nivel III para persoas adultas, con carácter presencial, no IES cabo Ortegal de Cariño (DOG do 16 de xullo).

Orde do 26 de xuño de 2007 pola que se autorizan as ensinanzas de educación para persoas adultas en centros de educación e promoción de adultos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con sede en institucións penitenciarias (DOG do 26 de xullo).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

*Provincia da Coruña.

Concello: Arteixo.

Código: 15023314 IES de Sabón.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Betanzos.

Código: 15001148 IES As Mariñas.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Cambre.

Código: 15026704 IES David Buján.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Carballo.

Código: 15027307 IES Isidro Parga Pondal.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Cariño.

Código: 15021755 IES Cabo Ortegal.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Cedeira.

Código: 15026376 IES de Cedeira.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Cee.

Código: 15003224 IES Fernando Blanco.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas. (modalidade presencial).

Concello: Coruña, A.

Código: 15025621 EPA Eduardo Pondal.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Actividades de formación sociocultural e de caracter profesionalizante.

Castelán e galego para inmigrantes.

Código: 15005221 IES Eusebio da Guarda.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Código: 15005397 IES Fernando Wirtz-Suárez.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Código: 15005211 IES Salvador de Madariaga.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Culleredo.

Código: 15005749 IES Cruceiro Baleares.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Curtis.

Código do centro: 15032650 Centro público de educación e promoción de adultos de Teixeiro

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Castelán e galego para inmigrantes.

Concello: Fene.

Código: 15032081 IES de Fene.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Ferrol.

Código: 15025751 EPA de Santa María de Caranza.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Actividades de formación sociocultural e de carácter profesionalizante.

Castelán e galego para inmigrantes.

Código: 15006742 IES Concepción Arenal.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Código: 15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Melide.

Código: 15008817 IES de Melide.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Mugardos.

Código: 15025657 IES de Mugardos.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Muros.

Código: 15026388 IES Fontexería.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Narón.

Código: 15025268 IES As Telleiras.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Noia.

Código: 15026731 IES Campo de San Alberto.

Ensinanzas básicas iniciais

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Ordes.

Código: 15027782 IES nº 1 de Ordes.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Ortigueira.

Código: 15020544 IES de Ortigueira.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Outes.

Código: 15027976 IES Poeta Añón.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Padrón.

Código: 15012730 IES Camilo José Cela

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Ponteceso.

Código: 15026406 IES de Ponteceso.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Pontedeume.

Código: 15020556 IES nº 1 de Pontedeume.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Pontes de García Rodríguez, As.

Código: 15021767 IES As Pontes.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Ribeira.

Código: 15014568 IES nº 1 de Ribeira.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Sada.

Código: 15026029 IES Isaac Díaz Pardo.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Santa Comba.

Código: 15026030 IES Terra de Xallas.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Santiago de Compostela.

Código: 15015743 IES Arcebispo Xelmírez I.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Código: 15015755 IES Rosalía de Castro.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Código: 15021482 IES San Clemente.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia telemática).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia telemática).

Concello: Vimianzo.

Código: 15026418 IES Terra de Soneira.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

*Provincia de Lugo.

Concello: Burela.

Código: 27013958 IES Monte Castelo.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Chantada.

Código: 27003151 IES Lama das Quendas.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Foz.

Código: 27020562 IES de Foz.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidade de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Lugo.

Código: 27601509 EPA de Albeiros.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Actividades de formación sociocultural e de carácter profesionalizante.

Castelán e galego para inmigrantes.

Código: 27006531 IES Lucus Augusti.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Monforte de Lemos.

Código: 27007259 IES Río Cabe.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Monterroso.

Código do centro: 27020823 Centro público de educación e promoción de adultos de Monterroso.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Castelán e galego para inmigrantes.

Concello: Outeiro de Rei.

Código do centro: 27020811 Centro público de educación e promoción de adultos de Bonxe.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Castelán e galego para inmigrantes.

Concello: Ribadeo.

Código 27010933 IES Dionisio Gamallo Fierros.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Sarria.

Código: 27012036 IES Gregorio Fernández.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Vilalba.

Código: 27013326 IES Lois Pena Novo.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Viveiro.

Código: 27013636 IES María Sarmiento.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

*Provincia de Ourense.

Concello: Barco de Valdeorras, O.

Código: 32001725 IES Lauro Olmo.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Código: 32001683 IES Martaguisela.

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Carballiño, O.

Código: 32015037 IES Manuel Chamoso Lamas.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Celanova.

Código: 32016625 IES de Celanova.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Concello: Ourense.

Código: 32015581 EPA de Ourense.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Actividades de formación sociocultural e de carácter profesionalizante.

Castelán e galego para inmigrantes.

Código: 32008941 IES Eduardo Blanco Amor.

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Código: 32008951 IES Ramón Otero Pedrayo.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Código do centro: 32020771 Centro público de educación e promoción de adultos do Pereiro de Aguiar

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Castelán e galego para inmigrantes.

Concello: Ribadavia.

Código: 32015475 IES Abrente.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Verín.

Código: 32013582 IES García Barbón.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Xinzo de Limia.

Código: 32014801 IES Cidade de Antioquía.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

*Provincia de Pontevedra.

Concello: Bueu.

Código: 36019463 IES Johan Carballeira.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Cambados.

Código: 36019396 IES Francisco Asorey.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Cangas.

Código: 36019475 IES de Rodeira.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Estrada, A.

Código: 36002359 IES Antón Losada Diéguez.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Guarda, A.

Código: 36019244 IES A Sangriña.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Lalín.

Código: 36013758 IES Laxeiro.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Lama, A.

Código do centro: 36024720 Centro público de educación e promoción de adultos da Lama.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Castelán e galego para inmigrantes.

Concello: Marín.

Código: 36015159 IES Chan do Monte.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Moaña.

Código: 36004745 IES A Paralaia.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Nigrán.

Código: 36015184 IES Escolas Proval.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Pontevedra.

Código: 36018872 EPA Río Lérez.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Actividades de formación sociocultural e de carácter profesionalizante.

Castelán e galego para inmigrantes.

Código: 36006730 IES Frei Martín Sarmiento.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía (modalidade presencial).

Código: 36006729 IES Valle-Inclán.

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Porriño, O.

Código: 36019529 IES Ribeira do Louro.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Redondela.

Código: 36016656 IES Pedro Floriani.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Sanxenxo.

Código: 36019256 IES de Vilalonga.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Silleda.

Código: 36020350 IES Pintor Colmeiro.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Tui.

Código: 36014544 IES Francisco Sánchez.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Concello: Vigo.

Código: 36018884 EPA Berbés.

Ensinanzas básicas iniciais.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade a distancia semipresencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade a distancia semipresencial).

Actividades de formación sociocultural e de carácter profesionalizante.

Castelán e galego para inmigrantes.

Código: 36011567 IES Castelao.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Código: 36018173 IES de Teis.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Código: 36011634 IES Politécnico.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de artes (artes plásticas, deseño e imaxe) (modalidade presencial).

Código: 36017430 IES Ricardo Mella.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Código: 36011592 IES Santa Irene.

Educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial).

Bacharelato para persoas adultas, modalidades de ciencias e tecnoloxía e de humanidades e ciencias sociais (modalidade presencial).

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Código: 36019669 IES Armando Cotarelo Valledor.