DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2010 Páx. 11.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xuño de 2010 pola que se amplía a autorización para a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, dispón que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, e das facultades que lle atribúe ao Estado o artigo 149.1.30ª da Constitución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro, determina os aspectos básicos do currículo do bacharelato que deberán formar parte do aprobado polas administracións educativas para este nivel educativo no seu ámbito territorial.

A Orde do 29 de maio de 2008 autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 6 de xullo de 2009 amplía a implantación das modalidades de bacharelato establecidas na Orde do 29 de maio de 2008.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas en relación coa oferta de modalidades en funcionamento, resulta aconsellable ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención ao alumnado de bacharelato.

De conformidade co exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a implantación da modalidade de bacharelato de artes, vía de artes escénicas, música e danza, nos centros públicos seguintes:

IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra). Código 36002335.

IES María Soliño de Cangas (Pontevedra). Código 36000922.

Segundo.-Autorizar a implantación da modalidade de bacharelato de artes, vía de artes plásticas, deseño e imaxe, nos centros públicos seguintes:

IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra). Código 36002335.

IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín (Pontevedra). Código 36004137.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar as medidas precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria